Sunday 05 de May de 2024

A reorganización das liñas do novo transporte urbano mellorará a conexión co Castiñeiriño con paradas da C5 e C6 na rúa da Estrada e Paxonal


O obxectivo que perseguen as novas rutas é facilitar a integración da Cidade da Cultura co centro da cidade

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2023. Co novo servizo de transporte urbano as rutas do C5 e C6 renovarán o seu recorrido “reforzando a integración da Cidade da Cultura coa cidade” ao tempo que mellora a conexión co Castiñeiriño. Así llo trasladou o alcalde, Sánchez Bugallo, á veciñanza da zona nun encontro celebrado no Centro Sociocultural do Castiñeiriño no que participaron tamén outros membros do goberno e da candidatura.

Con paradas no Castiñeiriño, rúa da Estrada e Paxonal, as novas liñas C5 e C6 “pretenden mellorar a conexión do barrio co centro da cidade nuns horarios e frecuencias lóxicas” segundo explicou o alcalde. Sánchez Bugallo que fixo balance ademais das actuación levadas a cabo no barrio durante o mandato como o novo Campo da Festa, o renovado parque de Alfredo Vicenti ou as melloras na conexión ao saneamento nas rúas Manuel Vázquez Cacharrón e Portomarín.